Monday 29 de April de 2024

O Concello de Malpica convida a veciñanza a ser testemuña de excepción dun fenómeno único: o solsticio de verán desde a punta de Santo Hadrián


Trátase dunha perspectiva única, xa que o sol sairá e se porá desde o océano.

O Concello de Malpica convida á veciñanza a ser testemuña de excepción dun fenómeno único: o solsticio de verán desde a punta de Santo Hadrián.
Nesta localización poderase contemplar o amencer e a posta de sol sobre o mar, un acontecemento excepcional en Galicia.
Durante esta fin de semana poderanse contemplar fitos marabillosos para a vista. O fenómeno acontece ao acadar o sol a súa máxima altura do ano, ao acadar a Terra a súa maior inclinación do hemisferio norte cara o astro rei. En Galicia, só se pode contemplar un feito similar no cabo Ortegal. Sucede en Malpica ao contar con costa tanto no este coma no leste.
Desde o Concello indícase que o mellor momento para contemplar isto é ao amencer, que será sobre as 6:55 da mañá, e ao solpor, previsto contra ás 22:19 horas. O lugar idóneo é na punta de Santo Hadrián ao tratarse do espazo de terreo máis metido no Atlántico.
En calquera caso, o Concello lembra a quen se anime a vivir esta experiencia a necesidade de manter de forma estrita as medidas de seguridade indicadas polas autoridades sanitarias polo COVID-19.